Usuario anónimo ¿Quieres tener tu propio blog?
Crear blog gratis en OboLog

Posibilidades dos blogs para o uso educativo

miércoles, 03 de enero del 2007 a las 14:35
guardado en
Posibilidades que poden ter os blogs para o uso educativo         Dende o meu punto de vista, os blogs poderíanse empregar na escola para que cada alumno teña un medio de expresión persoal onde poñer as súas opinións, reflexións ou ideas sobre os temas que crean oportunos; para compartir fotos, vídeos...con outros alumnos; para relacionarse cos lectores do blog a través dos comentarios que deixan...Ademais, os profesores poderían utilizar un blog para escribir un diario de todo o que se realice cada día do curso, tendo a posibilidade de poñer todo o que crea oportuno: exercicios, notas... Esto sería moi útil tanto para os profesores como para os alumnos.Por outro lado, os centros tamén poden realizar os seus propios blogs e así os pais dos alumnos poden consultar todo o que está ocorrendo no centro ao cal asisten os seus fillos.         En definitiva, os blogs parécenme un bo medio para desarrollarse.             

Exemplos de blogs de temática educativa

miércoles, 03 de enero del 2007 a las 14:32
guardado en
En canto aos blogs de temática educativa, un dos que máis me chamou a atención é o de http://www.aulablog.com/planeta/.         Neste blog preséntasenos o “Planeta Educativo” (unha primeira vista á blogosfera educativa) e nel pódese acceder a diversas categorías de blogs: blogs de profesores, blogs de centros educativos ou outros blogs ademais de un apartado que che permite incluír o teu propio blog.Así, entre os blogs dos profesores encontramos blogs que falan dos recursos TIC na Educación Infantil, cadernos de clase, outros blogs que falan de internet como recurso docente... e asimesmo blogs de profesores nos cales estes contan as súas experiencias como mestres, as súas investigacións... como por exemplo o blog de Lola (que se encontra nesta páxina na sección dos profesores) a cal é unha profesora de Español como Lingua Estranxeira que está facendo unha investigación sobre a utilización de blogs na súa materia.Aquí mesmo, no apartado dos centros educativos vemos numerosos blogs de diferentes colexios podendo destacar entre eles os dos colexios galegos IES Santiago Apóstol (un blog que xa leva dous anos na rede e no cal se nos fala de aspectos organizativos do centro (Consello Escolar, Claustro...) ademais das visitas que realizaron os seus alumnos, a festa de Halloween...) e o blog do colexio de Sada (no cal se nos mostran fotografías, fálasenos dun concurso que están realizando, das excursións polo campo e mesmo teñen colgadas aquí as datas de exames de recuperación.         Outro blog que me gustaría destacar é http://rociocabanillas.blogspot.com. Trátase dun blog de recursos TIC na educación no cal se nos mostran diferentes enlaces con páxinas relacionadas coa Ed. Infantil, enlaces con webs de centros e con recursos educativos.Neste blog a autora pretende que os alumnos de primaria e secundaria traballen sobre a Constitución Española mediante actividades TIC. Ademais, fálanos das xornadas sobre o uso das TICs na Educación Infantil mostrándonos imaxes ilustrativas. Da mesma maneira, coméntasenos un proxecto de aprendizaxe co ordenador na aula de infantil denominado “O mundo de Fantasmín”.          Ademais de estes blogs que citei penso que calquera dos realizados polos compañeiros de clase serían axeitados posto que todos tratan sobre a nosa pequena experiencia cos nenos de Educación Infantil.

Prácticas escolares

martes, 02 de enero del 2007 a las 15:23
guardado en
O uso das TIC no C.E.I.P de Arzúa         Como xa se indicou, o centro C.E.I.P de Arzúa conta coa aula de audiovisuais e a aula de informática pero; ademais de estas aulas onde encontramos pantallas, proxectores, ordenadores de mesa, portátiles, televisores... debemos destacar que na sala de profesores tamén hai  un ordenador que se encontra á disposición de todos os mestres e asimesmo hai un ordenador na biblioteca.Polo de agora nas aulas do centro non hai ordenadores pero están en trámite de poñelo e o mesmo ocorre con unha pantalla e un proxector que teñen pensado poñelo exclusivamente para as aulas de infantil.Por outro lado, en tódalas aulas hai á disposición dos mestres un radio-Cd.         No tocante á frecuencia do uso das TIC podemos dicir que esta é bastante alta. Durante o meu período de prácticas, un período inolvidable no que o pasei xenial, os nenos foron ver dúas tardes dúas películas infantís, unha vez á semana ían á aula de informática, unha mañá fomos á aula de audiovisuais para a pantalla e o radio CD utilizábase practicamente tódolos días.Entre as diversas actividades que realizaban con soporte tecnolóxico debemos mencionar os puzzles que construían na aula de informática co ordenador. Aquí puiden ver como o nivel de informática dos nenos parecía adecuado ás súas idades posto que eles mesmos sabían entrar na páxina dos puzzles, manexar con certa habilidade o rato, cambiar de xogo... onde en primeiro lugar ensinábaselles a imaxe do puzzle que a continuación terían que construír, despois mostrábaselles o puzzle desfeito e eles mesmos pinchando e arrastrando tiñan que levar cada peza ao lugar axeitado; quedando esta colgada soamente se o neno a colocaba na posición correspondente.         No referente ao radio CD, este empregábase para escoitar panxoliñas que logo os nenos cantaban, para cando había cumpleanos poñer as cancións típicas desta celebración ou simplemente para escoitar música de fondo mentres se realizaban tarefas.         O día que fomos á pantalla da aula de audiovisuais (a cal segundo me indicou a profesora titora, frecuentan con asiduidade pero por estar na época do Nadal; entre facer o nacemento, felicitacións, adornar a aula, facer a árbore... non houbo tempo para ir máis veces) realizáronse moitas actividades nas que os nenos se divertían moito á vez que aprendían cousas. Aquí os nenos realizaban eles mesmos as actividades na pantalla xa que se trata dunha pantalla táctil na que os propios nenos saben  cambiar a cor e o groso do punteiro, borrar cando o precisan cambiando, asimesmo, o tamaño da goma...Así, entre as actividades que realizaban aquí destacamos:-          Pintar debuxos.-          Buscar erros/diferencias entre dous debuxos.-          Debuxar o mesmo que se nos mostra no outro lado (por exemplo: ensínaselles o debuxo da metade dunha bolboreta e eles teñen que debuxar a outra metade) -          Compoñer obxectos a partir das diferentes partes.-          Ordenar secuencias como se nos mostra nas fotografías.-          Tamén inventan contos cambiando os fondos da pantalla e engadindo imaxes do que os nenos incorporan á historia.-          Repasan lectoescritura (por exemplo: ponse como fondo de pantalla “lelelelelelelelele” e os nenos teñen que repasalo co dedo e logo repasalo co punteiro á vez que o len).-          ........Os programas empregados son diversos: Promethean, TuxPaint para os debuxos, Smart Speller...          En canto ás miñas experiencias co uso das TIC o centro debo destacar que non tiven a posibilidade de facer uso da miña autopresentación pero si que tiven contacto directo coas TIC. Ademais do xa mencionado (asistir cos nenos ver as películas, axudarlles a construír os puzzles nos ordenadores...), unha hora á semana, mentres os nenos tiñan clase de relixión, eu asistía coa miña profesora titora á aula de informática e alí, xunto con outras dúas mestras realizabamos na pantalla exercicios para os nenos e comezamos a facer unha unidade didáctica sobre as diferentes cores. Para facer esto solicitábanme axuda posto que non controlaban moito de informática e eu encantada de traballar con elas, co portátil e coa pantalla posto que nunca traballara con pantallas de este tipo.

Ademais, en diversas ocasións utilicei o ordenador da sala de profesores para coñecer datos sobre o centro en xeral: actividades extraescolares, horarios...

Agora móstrobos diversas fotografías:

Unha das pantallas co proxector (aula de informática)

 

  Unha nena facendo unha conta na pantalla táctil (aula de audiovisuais)

 

  Un neno na pantalla táctil ordenando unha secuencia de imaxes (mazá enteira, mazá con un mordisco, mazás con dous mordiscos e corazón da mazá)

 

 

Prácticas escolares

martes, 02 de enero del 2007 a las 15:10
guardado en

Aquí vos ensino unha fotografía do colexio.

Prácticas escolares I

martes, 02 de enero del 2007 a las 12:02
guardado en

HOLA a todos!!!!!!!!!!!!Guiño

Espero que o pasarades moi ben durante este tempo. Por desgracia xa acabamos o período de prácticas e xa volven a comezar as clases na facultade pero é o que hai!

Aquí fálovos algo sobre as miñas prácticas:

         O colexio onde realicei as prácticas:O    C.E.I.P   de   Arzúa         O C.E.I.P de Arzúa é un colexio público no cal, a pesar do polémico asunto da xornada única á cal os pais se opoñen, hai clase de mañá e de tarde: de 10:10 a 13:30 e de 15:30 a 15:10.O C.E.I.P de Arzúa conta na actualidade con 275 nenos que se reparten en 17 aulas segundo a idade.O colexio (de tres plantas de altura segundo nivel académico) ten cinco aulas de Educación Infantil       (unha aula de 3 anos, dúas de 4 anos e dúas de 5 anos) e doce aulas de Educación Primaria (dúas aulas por curso: dúas aulas de 1º, dúas de 2º...) pero ademais de estas aulas tamén debemos destacar a aula de informáticas (a cal conta con dez ordenadores, un portátil, unha pantalla e un proxector), a aula de audiovisuais (cunhas noventa cadeiras, un gran televisor, un DVD, un vídeo, un portátil e unha pantalla e un proxector moi orixinais que os mestres poden empregar para facer, cos alumnos, actividades moi divertidas sen deixar de ser en ningún momento didácticas, nas cales os nenos participan directamente), a aula de relixión, a aula da orientadora, dúas aulas pequenas das profesoras de logopedia e de audición e linguaxe, un despacho médico que se abre ocasionalmente e a biblioteca (que ademais de libros de diverso tipo, conta con un ordenador, tres grandes mesas á disposición dos alumnos e unha alfombra e coxíns por se as mestras deciden ir alí a contar contos). Asimesmo, nun edificio contiguo, o colexio dispón dun gran ximnasio con diverso material deportivo, unha aula de música (con un pequeno escenario, cadeiras e unha gran alfombra ademais de diversos instrumentos) e un salón de actos que leva case todo o curso pechado por reformas.         Ademais de estas aulas, o colexio no exterior conta con un comedor no cal tres cociñeiras fan a comida para a maioría dos alumnos: os nenos que asisten en autobús á escola (en total 7 autobuses diferentes recollen aos nenos polas diversas aldeas) comen gratuitamente no comedor mentres que os nenos de Arzúa centro se desexan comer alí será pagando pero aínda así hai moitos que xantan alí.Por outro lado, o colexio dispón dun gran pavillón cuberto con canastras e dun campo de fútbol descuberto e para os máis pequenos hai unha zona de area cuberta e un pequeno patio tamén cuberto con un tobogán e unhas casiñas.             Mencionar que neste centro eu fixen as prácticas con 14 nenos de 5 anos. 

 

Login

Suscripción

Suscríbete al Feed RSS XML

También puedes suscribirte directamente con alguno de los siguientes enlaces:

  • Suscríbete en Bloglines
  • Suscríbete en Google